viernes, 23 de mayo de 2014

BLOGUE DO PROXECTO "VISIT TO LONDON"

O proxecto foise facendo moi grande para o meu pequeno blogue de aula xa que eu quería que os rapaces tiveran un espacio onde poideran amosar todos os seus traballos. Traballaron moito e con moito entusiasmo e merecían que todo ese esforzo poidera ser publicado polo que decidín abrir un blogue para o proxecto. 
O blogue convertiuse no meeting point do proxecto. Dende el organizaban o traballo da sesión, abrían as ferramentas onde ían traballar, subían os seus traballos (as entradas dos glogster as fixeron eles) e observaban o traballos dos compañeiros. 
Foi un proxecto longo e que supuso moito traballo, un grupo quedou polo camiño pero creo que en todo momento os que participaron del aprenderon tanto coma eu. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario